En Anaísa
Cremos na forza da tradición, na beleza do feito á man e na capacidade das persoas para transformar o mundo desde o eido local.
Os nosos valores son o alicerce do noso camiño. Representan o que somos, o que facemos e, sobre todo, como o facemos:
máis que valores
Unha forma de vivir

Respecto polo patrimonio
Promovemos os oficios tradicionais como parte viva da nosa cultura e identidade.

Sustentabilidade
Apostamos por unha economía respectuosa co medio e coas persoas, fomentando o consumo consciente e local.

Innovación con raíz
Usamos a tecnoloxía como ferramenta para conservar e compartir saberes antigos.

Inclusión e igualdade
Abrimos as portas a todas as persoas que crean nun mundo máis humano, diverso e solidario.
